O cerne do lar, o lume onde todo se coce, onde nos arreconchegamos hombreiro com hombreiro nas noites de treboada pra contar contos, compartilhar um prato de caldo e um vaso de vinho, botar uma parolada e chegar a um acordo. Tamem o espazo onde ás veces o fume nom che deixa enxergar nada e tes que saír fóra a respirarlhe ao ar. E se che cadrou andar só/a: o espazo no que matinar mentres as muxicas triscan os seus segredos de madeira. - O do Regato
A primeira tecnoloxía revolucionaria do ser humán foi a que lhe permitiu o control do lume: sem esta avantaxe abismal com respecto ao resto de especies, hoxe probablemente nom teriamos chegado ate acó. Dominar ou nom o lume foi, pra empezar, a diferencia entre vida e morte nos contextos de glaciaciós nas que a nossa especie tem sobrevivido. O peso da tecnoloxía é -polo tanto- fundamental na constituciom do ser humán e poderiamos entendela duma banda como algo providencial, pero da outra sabemos que tamem foi a maldiciom que se agochaba trás de cada guerra, de cada extinciom e de cada colapso que temos producido ao longo da nossa historia.
Os antergos sabios taoístas falabam da necesidade de apartarse no posible das ferramentas e das invenciós, como uma garantía pra seguir o caminho correcto nas nossas vidas; e nom lhes faltaba razom a xulgar polos desastrosos resultados que podemos constatar a día de hoxe com só con mirar ao redor e máis aló das pantainhas nas que vivimos abducidas e abducidos.
A inminencia dum colapso civilizatorio é hoxe uma evidencia riba da que imos amoreando máis e máis causalidade. Tarde ou cedo, o mundo tal como o conhecemos entrará num proceso de desbaratamento como nunca antes tivessemos asistido e índa que este planeta tem pasado xa por varias circunstancias similares (algumas mesmo moito máis radicáis que ésta na que nos topamos hoxe) a crise que se avecinha podería ser o nosso fin como especie dominante e se nos chegamos a reponher será pola nossa capacidade de aplicar tecnoloxías axeitadas ao mundo que quedará daquela.
Agora bem, as principáis tecnoloxías que deberemos considerar nesta situaciom, nom som as industriais, as de enerxías renovableis ou as dixitáis; nem sequera o control preciso do lume dos nossos antergos fará máis diferencia se nom desenvolvemos as tecnoloxías que máis precisamos: as da conciencia social, as da xestiom das emociós, as da capacidade de seguir e xerar valores éticos e de traspasárlhelos aos que venham tras nossa e, em definitiva, as da comprenssiom profunda das nossas conexiós cum mundo co que somos um.
Dende o proxecto Noitebra trabalhamos nessa linha. Entendemos a tecnoloxía como un medio, pero nom perdemos nunca de vista nem os principios nem o fim. Queremos dignificar a vida humana nos entornos ruráis nos que habitamos, reconectándonos cos ciclos da vida, co espíritu colectivo das xentes (humanas e nom humanas) que cohabitan num territorio que ven sendo a lareira que acubilha o lume interno de todas nós. Calqueira tecnoloxía que esqueza a preminencia distes fins, que nom estea ao servizo de garda do territorio e dos seus habitantes arderá aixinha no incendio forestal da historia e as súas cinzas rematarán sendo parte do suxo xeo que nos agarda.